Unha veciña de Antas pide bus escolar para que a súa filla non percorra 700 metros a pé

Mercedes Otero indica que a nena ten que realizar ese camiño por unha estrada sen beiravía e non sempre acompañada
Autobús escolar. AEP
photo_camera Imaxe de arquivo dun autobús escolar. AEP

Unha veciña de Antas de Ulla, Mercedes Otero, reclama unha parada de bus escolar diante da súa casa no lugar do Pazo, para que a súa filla, de cinco anos, non teña que percorrer diariamente os 700 metros que a separan da parada fixada na Cervela.

O centro educativo formalizou a petición á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pero este departamento denegouna por terceira vez hai uns días.

Otero indica que a súa filla ten que realizar ese camiño por unha estrada sen beiravía. Indica que non sempre pode acompañala á parada, e que é o seu avó, de 79 anos de idade, o que o fai. Pola contra, a nena tería que ir soa, "e é moi pequena para iso".

Con todo, tamén indica que a vía é compatible co tránsito do autobús, como así llo confirmou a empresa de transporte, e que, de realizar o desvío, este soamente suporía tres minutos no tempo de percorrido total.

De feito, a causa que a consellería esgrimiu para rexeitas a petición é que "con este desvío, ou bus non atinxiría a velocidade necesaria".

Comentarios