Varios detidos polo roubo con forza de 100 baterías en Melide

O peso das baterías oscilaba a tonelada  e o seu valor económico superaba os 1.000 euros
Un vehículo de la Guardia Civil. AMA
photo_camera Un vehículo da Guardia Civil. AMA

O Equipo Roca do Posto da Garda Civil de Santiago de Compostela detivo a tres homes e investigou a outro como presuntos autores dun delito de roubo con forza por subtraer máis de cen baterías dun solar pechado na Melide

Os feitos ocorreron por mor da denuncia interposta pola vítima o pasado mes de decembro nas dependencias oficiais da Garda Civil de Melide, na que manifestaba que lle roubaron máis de 100 baterías que tiña almacenadas nun solar pechado no centro da localidade.

A Garda Civil iniciou unha investigación co obxecto de lograr a identificación plena do autor ou autores do ilícito. Como froito das xestións levadas a cabo no lugar e do análise dos datos obtidos, o Equipo Roca xunto a efectivos do Posto de Melide procederon á detención de 3 persoas e á investigación doutra, todos eles con múltiples antecedentes policiais e veciños de Lugo, Santiago de Compostela e Melide, como supostos autores dun delito de roubo con forza.

Conseguiuse a recuperación de 100 baterías, cuxo peso superaba a tonelada e o valor económico ascendía a 1.200 euros. O material recuperado, informa o comunicado, foi precintado e as dilixencias instruídas xunto aos detidos foron postos a disposición xudicial do Xulgado de Instrución número 1 de Arzúa.

Comentarios