Un home de 51 anos, Pedro López Louzao, acabou coa vida do seu pai, de 79, no municipio lucense de Monterroso, concretamente na parroquia de Esporiz. Os investigadores indagan se o agresor ten problemas de alcoholismo e trastorno da personalidade. Así o explicaron fontes da investigación, que apuntaron que o presunto parricida chegou "borracho" a casa na noite do domingo e, tras unha discusión co seu pai, matouno a golpes.
O home permanece detido na Comandancia da Garda Civil de Lugo á espera de pasar a disposición no xulgado de garda de Chantada, que asumiu o caso e decretado o segredo do sumario.
Segundo explicaron fontes da investigación, os feitos producíronse a última hora da noite do domingo na vivenda que compartían en Esporiz, na que no momento da discusión tamén se atopaba o fillo do presunto asasino, de 4 anos, pero segundo parece non presenciou nada do ocorrido porque estaba a durmir.
O falecido, Ramón López Vázquez, tiña 79 anos e, segundo algunhas fontes, atopábase en situación de dependencia, aspecto que non puido confirmar este xornal.
O seu corpo presentaba golpes. Supostamente faleceu vítima das "puñadas e patadas" que lle propinou o seu fillo. O propio agresor, que está investigado por un delito de homicidio, foi o que avisou ao 112 e a unha veciña. A detención practicouse ás dúas da madrugada.
O crime produciuse, segundo apuntan fontes da investigación, tras unha forte discusión entre ambos no domicilio que compartían en Esporiz.
UNHA PÉRDIDA RECENTE. O detido é un home en paro que traballara de garda de seguridade. No momento do suceso atopábase na casa da parroquia de Esporiz, en Monterroso, un fillo do presunto agresor e neto da vítima de catro anos de idade, que non se decatou dos feitos.
Esta familia sufrira hai pouco "tempo" o falecemento da nai e esposa do septuaxenario, o que supostamente agravou os problemas do detido.
A aldea de Esporiz. EP