O parricida de Monterroso estaba ebrio cando acabou coa vida do seu pai

O agresor está detido e pasará a disposición xudicial en Chantada ►A vítima tiña 79 anos

Un home de 51 anos, Pedro López Louzao, acabou coa vida do seu pai, de 79, no municipio lucense de Monterroso, concretamente na parroquia de Esporiz. Os investigadores indagan se o agresor ten problemas de alcoholismo e trastorno da personalidade. Así o explicaron fontes da investigación, que apuntaron que o presunto parricida chegou "borracho" a casa na noite do domingo e, tras unha discusión co seu pai, matouno a golpes. 

O home permanece detido na Comandancia da Garda Civil de Lugo á espera de pasar a disposición no xulgado de garda de Chantada, que asumiu o caso e decretado o segredo do sumario.

Segundo explicaron fontes da investigación, os feitos producíronse a última hora da noite do domingo na vivenda que compartían en Esporiz, na que no momento da discusión tamén se atopaba o fillo do presunto asasino, de 4 anos, pero segundo parece non presenciou nada do ocorrido porque estaba a durmir.

O falecido, Ramón López Vázquez, tiña 79 anos e, segundo algunhas fontes, atopábase en situación de dependencia, aspecto que non puido confirmar este xornal.

 O seu corpo presentaba golpes. Supostamente faleceu vítima das "puñadas e patadas" que lle propinou o seu fillo. O propio agresor, que está investigado por un delito de homicidio, foi o que avisou ao 112 e a unha veciña. A detención practicouse ás dúas da madrugada.

O crime produciuse, segundo apuntan fontes da investigación, tras unha forte discusión entre ambos no domicilio que compartían en Esporiz.

UNHA PÉRDIDA RECENTE. O detido é un home en paro que traballara de garda de seguridade. No momento do suceso atopábase na casa da parroquia de Esporiz, en Monterroso, un fillo do presunto agresor e neto da vítima de catro anos de idade, que non se decatou dos feitos. 

Esta familia sufrira hai pouco "tempo" o falecemento da nai e esposa do septuaxenario, o que supostamente agravou os problemas do detido. 
 

A aldea de Esporiz. EP

O lugar de Esporiz. EP