A Ulloa segue de azul e hai sorpasso do BNG

O PP mantén os seus apoios e repite vitoria na comarca, mentres que os nacionalistas superan ao PSOE en Monterroso e Antas
Votante en una mesa de Monterroso. CARBALLEIRA
photo_camera Votante nunha mesa de Monterroso.

A comarca de A Ulloa tinguiuse este venres de azul nunha xornada con poucos sobresaltos, moi diferente á vivida nos últimos comicios municipais, que deixaron unha axitada noite electoral en Monterroso que acabou nun polémico empate. O PP impúxose con claridade onte nos tres municipios ulloanos, como hai catro anos. A sorpresa saltou no pelotón perseguidor: o BNG situouse como segunda forza, tal e como ocorreu a nivel autonómico.

Os populares obtiveron un resultado case idéntico en strong <>Antas e Pas, cun 65,8 por cento de apoios, mentres que en Monterroso a súa lista levou o 57% das papeletas.

A noite electoral deixou ao BNG como principal referencia da oposición, tras superar ao PSOE en Monterroso e Antas. O seu mellor resultado produciuse no primeiro deles, co 22% dos votos emitidos. O PSOE tívose que conformar cun segundo posto en Pas, onde se fixo co 17% dos sufraxios. A moita distancia, GeCy Vox mantiveron un pulso igualado polo cuarto posto na Ulloa, que foi para os primeiros por tan só catro votos.

VITORIA POPULAR EN MELIDE. Os populares obtiveron unha ampla vitoria en Melide, con 2.236 votos. Seguíronlle o BNG (879), o PSOE (448) e GeC (65).

comentarios