Os televisivos irmáns Torres pregoarán a Festa do Melindre

A celebración será os días 12 e 13 deste mes e inclúe un showcooking a cargo dos dous famosos cociñeiros

Los hermanos Torres.AEP
photo_camera Melindres para degustar. AEP

Os populares cociñeiros xemelgos encargados do programa Torres na Cociña, que emite TVE, serán os encargados de pregoar a XXVII Festa do Melindre, que se celebrará en Melide os días 12 e 13 de maio.

O evento foi presentado onte pola alcaldesa, Dalia García, acompañada polo presidente da Asociación de Enchería Tradicional Melide Terra Doce, Alberto Rodríguez, quen adiantaron algúns dos aspectos máis destacados do programa deste ano.

Ademais de ler o pregón, os famosos cociñeiros Torres realizarán un showcooking o sábado 12, ás 19.30 horas.

Ademais, a festa contará cunha feira de produtos artesanais, actuacións musicais a cargo de Cómplices, Miguel Costas, La Banda de Nash, Óscar Ibáñez, Leirabuxo, Froito Novo, a banda de música de Agolada e a charanga BB+. A este programa musical engadirase tamén unha sesión vermú, amenizada pola artista Silvia Penide e o clown Circanelo.

Entre os actos tradicionais da celebración destaca tamén o nomeamento de once novos embaixadores do Melindre.

Como pistoletazo de saída a todos estes actos, o centro de transfusión de sangue de Galicia tamén realizou recentemente unha campaña especial na que se obsequiaba con ricos a todos os doantes de Melide, Ourense, Lugo, A Coruña e Vigo.

Comentarios