sábado. 05.12.2020 |
El tiempo
sábado. 05.12.2020
El tiempo

Suspenden a Feira de Santos de Monterroso, celebrada desde hai 700 anos

Xente nunha edición pasada da Feira de Santos en Monterroso. SEBAS SENANDE
Xente nunha edición pasada da Feira de Santos en Monterroso. SEBAS SENANDE
A única edición que non se celebrou foi a de 1918, como consecuencia dunha onda de gripe

O Concello de Monterroso informou de que, como consecuencia da pandemia e logo de valorar "todas as opcións" para tratar de manter esta cita, tomou a decisión de suspender a Feira de Santos, declarada de Interese Turístico Galego, e unha das citas máis tradicionais de Galicia, con sete séculos de historia, que se celebra o 1 de novembro -Día de Todos os Santos-. 

Segundo informou o goberno local, a feira celebrouse de forma ininterrompida desde fai máis de setecentos anos, coa única excepción coñecida ata agora da súa prohibición en 1918 como consecuencia dunha segunda onda de gripe. 

"A actual incerteza, creada polos continuos rebrotes de Covid-19, e a dificultade que se albisca ao redor da mobilidade das persoas lévanos a tomar esta triste medida, a pesar de habelo intentando ata o último momento", subliña o goberno local nun comunicado. 

Recorda que esta feira é "un evento social e económico que ten un carácter extraordinario, pola súa celebración anual e por atraer a miles de persoas" en cada edición, polo que o Concello de Monterroso expresou o seu desexo de recuperar canto antes a súa celebración. 

"Desde o Concello manifestamos a nosa intención e compromiso de loitar para que esta feira sexa declarada de Interese Turístico Nacional e revitalizar a mesma nos próximos anos", conclúe. 

Suspenden a Feira de Santos de Monterroso, celebrada desde hai 700...
comentarios