O supermercado Dani y Jesica despídese de Palas de Rei tras 27 anos aberto

O establecemento pechou as súas portas o 31 de decembro para que José Ramón e Saladina teñan o seu merecido descanso

Varela y su familia, junto al supermercado. V.BRAN
photo_camera Varela e a súa familia, xunto ao supermercado. V.BRAN

Dani e Jesica son os fillos de José Ramón Varela e Saladina Gómez, pero durante máis de 27 anos tamén foi o nome dun dos supermercados máis queridos de Palas de Rei. Pero o tempo pasa e José Ramón Varela, Pepe, botou o peche xunto co ano 2018. O 31 de decembro o establecemento baixou o enreixado para non volvela a abrir nunca máis, pero os recordos -"todos eles bos"- permanecerán para sempre na memoria do pobo.

"Somos emigrantes retornados de Suíza. Volvemos a Palas non ano 1991 e montamos o supermercado como medio de vida, nun local que mercáramos uns anos atrás. Levo traballando desde os 17 anos, teño 63, e toca pechar", conta Varela.

Ao longo de 27 anos houbo épocas mellores e outras peores, pero este palense -de Vilareda e nacido en Marzá- só garda bos recordos. "Se houbo algún momento malo, foi pequeno e xa esquecido", asegura.

"Despois de tanto tempo só podo dar as grazas aos clientes e á xente de Palas, que nos trataron sempre moi ben, e tamén a Gadisa, con quen tivemos unha boa relación ao longo de tanto tempo", conta o que ata hai apenas tres días rexentaba o Claudio Dani y Jesica de Palas.

Un pequeno cartel na porta do súper avisa aos poucos non decatados que Dani y Jesica non será xa máis a súa tenda de confianza, pero as case tres décadas de relación manteranse no recordo.

Comentarios