Solicitan que o Centro Xeográfico de Galicia, situado en Antas de Ulla, sexa declarado BIC

O Instituto de Estudos Ulloáns iniciará unha "campaña de divulgación en centros educativos de toda Galicia"
Integrantes del Instituto de Estudios Ulloáns. AEP
photo_camera Integrantes do Instituto de Estudos Ulloáns. AEP

O Instituto de Estudos Ulloáns (IEU) solicitoulle formalmente á Xunta a declaración do Centro Xeográfico de Galicia como Ben de Interese Cultural, ademais de instar a Deputación de Lugo e ao Concello de Antas de Ulla a ocuparse da sinalización, coidado e promoción deste enclave.

Este colectivo recorda que, a instancia súa, foi o Instituto Xeográfico Nacional, que depende do Ministerio de Fomento, o que emitiu un informe o pasado 22 de novembro coa localización "definitiva" do "Centro Xeográfico de Galicia", que está "situado na aldea de Nugallás, na parroquia de San Fiz de Amarante, no municipio de Antas de Ulla".

No mes de febreiro, o Instituto de Estudos Ulloáns elaborou un informe sobre "a protección" e "a adquisición da parcela na que se sitúa o Centro Xeográfico de Galicia", que tamén foi remitido ás administracións local, provincial e autonómica.

De feito, o IEU informou de que "unha vez alcanzado o obxectivo" de localizar e "promocionar" o "Centro Xeográfico de Galicia", agora iniciará unha "campaña de divulgación en centros educativos de toda Galicia".

Comentarios