Sofre unha saída de vía na N-640 e estrélase contra tres coches aparcados

O turismo envorcou por encima dun valo e terminou diante dunha vivenda
Turismo accidentado en Agolada.DP
photo_camera Turismo accidentado en Agolada.DP

Catro vehículos víronse involucrados nun accidente na N-640 ao seu paso polo termo municipal de Agolada, no lugar de Trascastro, na parroquia de Trabancas

O sinistro produciuse cando un coche, que circulaba dirección Lugo, sufriu unha saída de vía. O condutor perdeu o control do vehículo, que acabou envorcado tras pasar encima dun varanda e terminar impactando contra tres coches que se atopaban estacionados diante dunha vivenda.

A pesar do aparatoso do accidente, o condutor e único ocupante do vehículo, un mozo duns 30 anos, só sufriu feridas leves nunha perna e non houbo que lamentar danos persoais maiores. 

Ao lugar desprazáronse Protección Civil de Agolada, o alcalde do municipio, Luís Calvo, e axentes da Garda Civil de Tráfico.