Resultan feridas dúas persoas nunha colisión en Monterroso

O accidente rexistrouse na LU-212 ao redor das 12.30 horas 
photo_camera Ambulancia. EP

Dúas persoas resultaron feridas nunha colisión entre outros tantos coches en Monterroso. O accidente produciuse na LU-212, concretamente no punto quilométrico 7.

O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido a través dunha persoa particular ao fío das 12:30 horas. A partir de aí, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso aos Bombeiros de Chantada, as Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico e ao GES de Monterroso.
 

Comentarios