viernes. 24.09.2021 |
El tiempo
viernes. 24.09.2021
El tiempo

Recuperan 110 hectáreas de monte en Antas de Ulla e Monterroso

Farelo antas de ulla.JPG
Farelo en Antas de Ulla. ARQUIVO
Conseguírono a través de senllos proxectos de restauración, mediante a plantación de 100.000 árbores en superficies que non tiñan uso produtivo 

As comunidades de montes de Farelo en Antas de Ulla e de Novelúa en Monterroso recuperaron nos últimos meses un total de 110,8 hectáreas de monte degradado en senllos proxectos de restauración, mediante a plantación de máis de 100.000 árbores en superficies que non tiñan ningún tipo de uso produtivo.

Ademais, finalizados eses traballos forestais, ambas as comunidades inscribiron os seus proxectos de restauración no Rexistro de Absorción de CO2 do Ministerio de Transición Ecolóxica, o que permitirá que aquelas empresas que queiran compensar a súa emisión de carbono poidan "adquirir os dereitos de absorción que captarán eses máis de 100.000 árbores plantadas", explica a Asociación Forestal de Galicia.

Está previsto que as superficies plantadas capten ao redor de 27.000 toneladas de CO2 durante os trinta anos nos que, como mínimo, ambas as comunidades manterán esas masas de árbores, o que lles permitirá a ambas captar fondos desas empresas interesadas en compensar a súa emisión de carbono.

Os fondos captados serán destinados integramente ao mantemento do monte e aos traballos silvícolas previstos -como rozas, podas e clareos- para que esas masas forestais cheguen a adultas. Está previsto que ambas as comunidades completen o ano que vén -2022- eses traballos de restauración, coa plantación doutras 43 hectáreas.

Recuperan 110 hectáreas de monte en Antas de Ulla e Monterroso
comentarios