domingo. 15.12.2019 |
El tiempo
domingo. 15.12.2019
El tiempo

Reclusos de Monterroso, Bonxe e Teixeiro poderán obter ou recuperar o carné de conducir

Centro penal de Bonxe, en Outeiro de Rei. XESÚS Ponche
Centro penal de Bonxe, en Outeiro de Rei. XESÚS Ponche

As autoescolas que participen nesta campaña impartirán o ensino teórico e práctico para que os internos poidan acceder aos permisos B ou A2

Os centros penais de Teixeiro, Bonxe e Monterroso forman parte daqueles nos que a Confederación Nacional de Autoescolas (CNAE) desenvolverá unha campaña de formación para que os reclusos obteñan ou recuperen o seu permiso de conducir B e A2. 

Segundo informa a entidade precursora, trátase dunha iniciativa que comezou en 2010 e interrompeuse en 2017 e que conta coa colaboración da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), entre outras entidades do sector viario. Así, nos anos que estivo vixente o programa, permitiu que máis de 1.000 condenados aprobasen o exame teórico e 500 obtivesen finalmente o carné. 

As autoescolas membros da CNAE –unhas 5.550– que participen nesta campaña impartirán o ensino teórico e práctico para que os internos admitidos destes tres centros galegos poidan acceder aos permisos B ou A2. 

A formación práctica e a taxa do exame, así como a recuperación do carné, perdido por esgotamento dos puntos ou por decisión xudicial, correrá a conta do recluso. Durante a súa formación, os internos recibirán a visita de vítimas de accidentes de tráfico. 

Segundo datos da CNAE, a 31 de abril había máis de 1.200 persoas privadas de liberdade por delitos relacionados coa seguridade do tráfico, o que supón o 2,3 por cento do total de reclusos. No entanto, o programa está aberto a todo tipo de internos, con preferencia para os que xa están a piques de cumprir a súa condena. 

Reclusos de Monterroso, Bonxe e Teixeiro poderán obter ou recuperar...
Comentarios