jueves. 26.05.2022 |
El tiempo
jueves. 26.05.2022
El tiempo

O pulpigrino regresa a Melide da man de Jordi Santos a través de Xacobeando

undefined
Jordi Santos, con Pulpigrino. EP
A mascota creada para a promoción da gastronomía da vila e do Camiño volveu á localidade a través dun campamento organizado por Pobo Aventura

Jordi Santos, encargado de dar vida a Pulpigrino uns anos atrás, estivo este venres no campamento de verán Xacobeando, organizado por Pobo Aventura en colaboración co Concello de Melide.

O obxectivo era que os rapaces presentes no evento, que se desenvolverá ata ao día 13, pudiesen coñecer a historia de Pulpigrino e a súa relevancia para o concello.

Durante o acto levado a cabo na casa da cultura, os 80 rapaces que completan o campamento foron divididos en dúas sesións diferentes para respectar as normas sanitarias derivadas da pandemia.

Alí puideron escoitar en primeira persoa a historia de Pulpigrino, visionaron os diferentes capítulos da serie que protagonizou e remataron cunha quenda de preguntas para plantexar as súas dúbidas.

''O proxecto Xacobeando retoma a figura de Pulpigrino para que a xente nova coñeza a esencia do Camiño de Santiago'', indica Santos. ''Os nenos viñeron cos seus monitores, cumpriron en todo momento as medidas de seguridade e pasárono moi ben aprendendo un pouco máis sobre esta iniciativa'', engade.

Esta iniciativa xurdiu no ano 2014 a través da concellería de promoción económica e turismo de Melide, baixo a dirección de Santos López Novo, que acordou a creación dun logotipo co fin de promocionar Melide como capital galega do pulpo no Camiño.

Jordi Santos foi o encargado, dous anos despois, de levar o proxecto un paso máis alá e dar vida a esa figura. A maiores, gravouse unha serie de oito capítulos nos que Santos percorría o Camiño dende O Cebreiro ata Santiago de Compostela, pasando por lugares emblemáticos da ruta como Triacastela, Sarria e Portomarín.

Na actualidade, Jordi Santos móstrase moi ilusionado coa volta deste emblema melidao e aberto a novos plans de futuro, ''a situación sanitaria complica un pouco algúns actos, pero agora que imos a mellor trataremos de continuar porque é algo moi bonito''.

Dende Xacobeando, teñen o obxectivo de ''traballar o Camiño dende Melide, de modo que esta semana os rapaces terán que crear eles mesmos unha figura que represente a nosa cultura, así que pensamos que Pulpigrino era o exemplo perfecto para que tiveran unha fonte de inspiración''.

O campamento remata nos próximos días e os monitores queren facelo dunha forma especial, co fin de que todos os rapaces que asistiron queden cunha gran lembranza e aprendan un pouco máis da cultura local.

''O penúltimo día imos realizar unha ruta andando dende o Monte do Gozo ata Santiago cos proxectos que creen a partir do acto na casa da cultura, e acompañados por Pulpigrino'', indican.

O pulpigrino regresa a Melide da man de Jordi Santos a través de...
comentarios