O PSOE de Monterroso aspira a gañar a alcaldía sen pactos postelectorais

Rafael García asegura que o seu proxecto é o suficientemente forte como para gobernar este municipio sen necesidade de recorrer a pactos postelectorais.

WhatsApp Image 2019-04-15 at 13.59.46
photo_camera Rafael García. EP

O candidato do PSOE para a alcaldía de Monterroso, Rafael García, asegura que o seu proxecto é o suficientemente forte como para gobernar este municipio sen necesidade de recorrer a pactos postelectorais. 

"Somos un equipo sólido, cohesionado, que saímos con moita forza para gañar as eleccións, non como outras formacións políticas que só pensan en pactos postelectorais", afirma o alcaldable socialista, quen tamén asegura que o único pacto da súa formación "é coa cidadanía de Monterroso, á que lle prometemos eficacia, hulmidade, aforro e dedicación plena".

García tamén di que é consciente de que ten "moito traballo por diante para abandonar a senda do retroceso e a ineficacia deste últimos anos" e cre que as eleccións de maio serán "unha boa oportunidade" para que o seu partido lidere "ou cambio e a renovación" que necesita Monterroso.

Rafael García sinala tamén que, nos próximos días, presentará a todas as persoas que integrarán a súa lista para as eleccións municipais do 26 de maio.

Comentarios