Premio á danza melidá na fase autonómica do torneo nacional Anaprode

As bailarinas melidás fixéronse con dous primeiros premios no estilo fusión

Algunas de las bailarinas melidás premiadas. EP
photo_camera Algunhas das bailarinas melidás premiadas. EP

Varias alumnas de Scene Ballet, unha proposta incluída nas escolas deportivas de Melide, resultaron premiadas na fase autonómica do Concurso Nacional de Danza Anaprode, celebrada en Santiago.

En concreto, segundo indicaron desde o Concello, as bailarinas melidás fixéronse con dous primeiros premios no estilo fusión coas coreografías I feel like I'm drowning e I don't wanna be you anymore.

Este equipo conseguiu, ademais, un segundo posto coa coreografía Sorry, Stone Cold, I can't go on with you e tamén a segunda posición en modo dúo para Gimme all your love. Os grupos na categoría fusión tamén lograron un segundo e un terceiro premio, con Bridge of light e Breathle me, respectivamente.

Na categoría individual clásico, obtivo medalla de ouro Estela Sánchez, mentres que houbo outras catro de prata, para Ainara Mato, Antía Varela, Lorena Rodríguez e Xiana Iglesias.

As coreografías na categoría individual que se clasificaron na primeira posición foron I like I'm drowning, de Azucena Iglesias, e I don´t wanna be you anymore, con Marta Mosquera.

As pratas foron para Atenea Martínez, Mariña Ferreiro e Carolina Sánchez, coa coreografía Sorry, Stone Cold, I can't go on with you.

Finalmente, un total de tres alumnas clasificáronse para a final de Anaprode, que se celebrará do 3 ao 5 de maio en Tarragona.

Comentarios