sábado. 22.02.2020 |
El tiempo
sábado. 22.02.2020
El tiempo

O PP de Melide demanda "rapidez" na reorganización da parada de taxis

A parada de taxis de Melide. GOOGLE MAPS. JPG
A parada de taxis de Melide. GOOGLE MAPS. JPG
Asegura que o espazo provisional habilitado para estes profesionais está mal sinalizado e sen teléfono pola "ineficacia" do Concello

O PP de Melide demanda ao Concello "rapidez" na reorganización da parada de taxis da vila. Denuncia que, pola "ineficacia" do goberno local, estes profesionais están sen liña telefónica no seu actual emprazamento provisional, no Cantón de San Roque.

Os populares responsabilizan ao concelleiro de facenda, Xosé Igrexas, ao que acusan de mover "os taxistas de sitio, sen previa reunión e sen unha sinalización adecuada, e, o que é máis grave, sen habilitar un teléfono público na parada".

A portavoz municipal do PP, Dalia García, considera que este feito é unha proba máis do "desnorte do bipartito", no que "é difícil conxugar a competencia das formacións politicas coas demandas cidadás".

O PP de Melide demanda "rapidez" na reorganización da parada de taxis
Comentarios