sábado. 28.05.2022 |
El tiempo
sábado. 28.05.2022
El tiempo

O PP de Melide critica que unha pista deportiva leve un mes pechada

Dalia García. VICTORIA RODRÍGUEZ
Dalia García. VITORIA RODRÍGUEZ
Os populares, que din ter o apoio de moitos pais, sinalan que o espazo se atopa "aparentemente pechado por un mantenemento que parece que nunca vai a chegar"

O grupo municipal do Partido Popular de Melide, cuxa portavoz é Dalia García, critica que o goberno bipartito local, formado por Adiante Melide e PSOE, manteña pechada desde fai máis dun mes a pista deportiva da urbanización As Granxas.

Os populares, que din ter o apoio de moitos pais, afean ao Concello que peche este espazo "moi utilizado pola cativada" sen ningunha explicación oficial e de forma "indefinida", xa que "aparentemente atópase pechado por un mantenemento que parece que nunca vai a chegar".

O PP demanda ao goberno local "unha rápida intervención", xa que segundo defenden desde o partido, "non pódese pechar unha instalación ao aire libre sen máis información que unha aséptica nota informativa privando de práctica deportiva segura aos rapaces e rapazas que tarde tras tarde reuníanse neste punto".

O PP de Melide critica que unha pista deportiva leve un mes pechada
comentarios