Piden colaboración para localizar o veciño de Melide desaparecido

Falta do seu domicilio desde o pasado 21 de febreiro

Emilio Pintor, desaparecido en A Coruña. SOS DESAPARECIDOS
photo_camera Emilio Pintor, desaparecido na Coruña. SOS DESAPARECIDOS

SOS Desaparecidos solicitou a colaboración cidadá para localizar un home que falta do seu domicilio en Melide desde o pasado 21 de febreiro. Trátase de Emilio Pintor Mella, de 43 anos, que mide 1,78 e ten pelo negro. Presenta unha calvicie parcial e utiliza lentes graduadas, explican desde a asociación.

Para calquera dato que se poida achegar en relación a este caso, SOS Desaparecidos facilita os teléfonos 642 650 775 e 649 952 957, segundo os datos que facilitou a través de redes sociais.