sábado. 04.04.2020 |
El tiempo
sábado. 04.04.2020
El tiempo

O parricida de Esporiz, aos axentes: "Matei o meu pai a golpes"

O parricida de Monterroso. XESÚS Ponche
O parricida de Monterroso. XESÚS Ponche
O fiscal rebaixa a petición de 20 a 17 anos ao aplicarlle a atenuante de embriaguez

O xuízo ao acusado de parricidio en Monterroso renovouse este xoves na Audiencia Provincial, onde o fiscal rebaixou de 20 a 17 anos a súa petición de cárcere porque lle aplica a atenuante de embriaguez, ao crer probado que actuou baixo a influencia do alcol. Ademais, o ministerio público retirou a súa petición de 21 anos de afastamento do seu fillo. A defensa, pola súa banda, segue solicitando a libre absolución do acusado.

Durante o xuízo, un axente da Garda Civil declarou que o acusado do parricidio ocorrido en Monterroso confesou que matara ao seu pai "a golpes". A vista celébrase cun xurado formado por seis home e cinco mulleres (dúas son suplentes). Varias testemuñas e peritos prestaron declaración este xoves, entre eles o dun axente da Garda Civil que acudiu á vivenda de Esporiz e que se topou co procesado sentado nun sofá da casa e que espetou aos axentes: "Matei o meu pai a golpes". 

Tamén manifestou que se atoparon ao pai do acusado "tombado e con feridas múltiples" e con hematomas "na cara", que se recollen no informe fotográfico realizado polos axentes na madrugada do 19 de marzo de 2018. 

O avogado do presunto parricida, César Lodos, asegurou que logo de dous días de vista oral "está a demostrarse a inocencia de Pedro (L.L.)". Así, insistiu nun "desgraciado accidente" que supostamente sufriu a vítima (Ramón) esa noite "ao caer quedou máis que demostrado".

CAÍDAS CONTINUAS. "Quedou demostrado que caía habitualmente, que tiña lesións antigas de caídas. As persoas máis achegadas a eles confírmano. Hoxe tamén os forenses van conformar que existían lesións antigas", subliñou. 

Lodos fixo fincapé en que o pai era "unha persoa de 79 anos" e, abundou, "é relativamente máis fácil que as lesións sexan por unha caída que unha persoa nova". 

Xuízo ao parricida de Esporiz: "Non quería que morrese"

Así mesmo, insistiu na "inocencia" do seu patrocinado, polo que instará á "libre absolución", aínda que apuntou que "no peor dos casos e se consideran demostrado que lle alcanzou cunha patada, serían unhas lesións por imprudencia". "Entendo que non se pode causar a morte por unha simple patada", apostilou.  Precisamente na xornada deste xoves un garda civil manifestou que na "bota dereita" do procesado era "onde máis sangue tiña, na parte da bota que non toca o chan".

"BASTANTE BEBIDO". Lodos, antes de entrar en sala, recoñeceu que o acusado do crime "nese momento estaba bastante bebido, non pode recordar se lle alcanzou cunha patada, que deu unha patada ao aire por rabia, por desesperación de non poder levantalo e se lle alcanzou coa patada poderíalle causar unhas mini lesións, pero "nada máis". 

O letrado lucense apuntou que o pai "tiña un carcinoma, tiña problemas hepáticos, operárano recentemente, tiña tamén artrite, osteporose e todas as enfermidades que carrexa ter 79 anos". 

Tamén destacou que o seu cliente este xoves atopábase máis "abatido" ao coñecer que a Fiscalía lle pide 21 anos de afastamento do seu fillo, que tiña catro anos o día de autos e que tivo dunha relación cunha muller que reside en Asturias e que acode a visitalo habitualmente ao cárcere de Monterroso acompañada do pequeno.

O parricida de Esporiz, aos axentes: "Matei o meu pai a golpes"