Pais do Ceip Número 1 de Melide protestan para que se desdobre unha aula

Padres del Ceip Número 1 de Melide. EP
photo_camera Pais do Ceip Número 1 de Melide. EP

Pais de alumnos do Ceip Número 1 de Melide reclaman que se desdobre a aula de terceiro de Primaria, xa que as súas reducidas dimensións impiden que as súas 25 alumnos poidan gardar a distancia. Alertan, ademais, que entre estes escolares hai catro en situación de especial vulnerabilidade, ao estar afectados por enfermidades crónicas de risco fronte ao covid.

Os pais, que se concentran cada día diante do centro e non deixan que os nenos acudan a clase, teñen o apoio do Concello e piden á Xunta unha solución.

Comentarios