A operadora R implanta internet de ata 500 megas en Antas de Ulla

Desta forma, 282 novos domicilios e negocios desta localidade quedaron preparados para recibir os servizos avanzados de teléfono, internet e televisión dixital
Un ordenador portátil. EP
photo_camera Un computador portátil

A compañía R acaba de finalizar a implantación da rede de fibra óptica en Antas de Ulla, co que os veciños teñen acceso "ultrarrápido" a internet de ata 500 megas simétricos.

Desta forma, 282 novos domicilios e negocios desta localidade quedaron preparados para recibir os servizos avanzados de teléfono, internet e televisión dixital multicanal de R, informou a operadora. Cando se complete este despregamento, ao finalizar 2021, contará xa cuns "324" fogares e empresas con conexión ás redes de nova xeración da compañía.

Comentarios