Unha octoxenaria morre atropelada por un camión en Melide

O suceso produciuse na N-547 no lugar do Coto

Unha muller duns 80 anos de idade, veciña de Melide e natural de Palas de Rei, faleceu este xoves ao ser atropelada por un camión na N-547, no lugar do Coto.

O incidente produciuse ao redor das sete da tarde deste xoves. Ao parecer, a octoxenaria dispúxose a cruzar a estrada nacional nun lugar perigoso para os viandantes e pouco apropiado para pasar dun lado ao outro. Pola vía circulaba un camión de penso que non albiscou á peatona, vestida con roupas de ton escuro e camiñando a unhas horas nas que a visibilidade xa é escasa, polo que non se decatou da súa presenza ata que notou o impacto.

Tras dar o aviso ao 112, os servizos de urxencia mobilizaron a urxencias médicas, a Garda Civil, a Policía Local de Melide e Protección Civil de Melide. Estes últimos foron os primeiros en chegar ao lugar dos feitos, aínda que ao acudirse comprobaron que a muller xa perdera a vida.

►Máis información na edición impresa de El Progreso deste venres◄