Jueves. 20.09.2018 |
El tiempo
Jueves. 20.09.2018
El tiempo

O museo Terra de Melide contou en maio con case 1.800 visitantes de 61 países

Unha das salas do museo. AEP
Unha das salas do museo. AEP

Reabriu o mes pasado tras un parón desde decembro por falta de apoios â??Desde 2008 recibiu a 120.000 persoas

LUGO. O museo Terra de Melide contou con case 1.800 visitantes de 61 países durante o mes de maio. Deles, 540 procedían de España, 201 de Galicia, 83 de Francia e 76 de Estados Unidos, entre outros. Incluso dous habitantes da minúscula Républica de Kiribati e un cidadán de Mongolia tomaron nota das salas do museo, segundo datos facilitados pola dirección do museo.

O centro etnográfico reabriu as súas portas o pasado mes, nun feito que se repite no tempo durante os últimos cinco anos debido ás obrigacións orzamentarias do centro, que permanece pechado desde decembro ata maio. Un orzamento de 20.000 euros só cobre oito meses de soldo das dúas empregadas de museo melidense.

A falta de axudas das institucións provoca o seu peche durante catro meses. Únicamente, a Deputación da Coruña colabora ao sustento do museo.

Ademais, este ano conmemóranse catro décadas desde a súa creación. Na última, desde 2008, unhas 120.000 persoas de 136 países distintos visitaron as súas salas de exposicións.

VISITAS GUIADAS. O museo de Melide ampliou o seu rango de acción coa creación dunha serie de actividades paralelas. As visitas guiadas ao centro histórico da localidade foron todo un éxito polo que esta iniciativa repetirase ao longo deste ano baixo o manto dos programas Melide Histórico e Melide dás Lendas.

Por outra banda, os centros escolares que desexen realizar unha visita ás súas instalacións poderán formalizar as reservas no teléfono 981.50.79.98, ata o 31 de decembro.

Xosé Manuel Broz, director do museo, resalta a importancia do 2018 na historia da entidade melidense, posto que se conmemora o 40 aniversario da súa creación. Ademais, o Museo Arqueolóxico Nacional (MAN) incluíuno no boletín especial que editou en formato dixital baixo o título de 150 "anos de museos arqueolóxicos en España".

O museo Terra de Melide contou en maio con case 1.800 visitantes de...
Comentarios