Un mural de Rosalía, símbolo da loita contra o feísmo en Melide

A obra, que ocupa a fachada posterior do multiusos, forma parte dun "amplo proxecto" do Concello para mellorar o aspecto da vila
Mural Rosalía de Castro Melide
photo_camera Detalle do mural. EP

Rosalía de Castro converteuse no rostro da loita contra o feísmo en Melide, ao protagonizar un mural no multiusos. Esta creación forma parte dun "amplo proxecto" do Concello para mellorar o aspecto da vila a través do pintado de obras deste tipo en fachadas que presenten un aspecto exterior especialmente degradado.

O mural de Rosalía é obra da artista Lidia Cao, que o finalizou a comezos desta semana, e ocupa a fachada posterior do multiusos melidao, nas proximidades do parque ao que lle dá nome a escritora.

"Espertou unha admiración unánime entre a veciñanza", asegura o goberno local, que sinala que a imaxe da obra publicada nas redes sociais "foi amplamente compartida e rexistrou varios centos de reaccións, con comentarios moi positivos".

Comentarios