Unha muller resulta ferida leve nunha saída de vía na LU -231

O suceso produciuse no punto quilométrico 17, á altura de Palas

Unha muller resultou este martes ferida leve ao saírse da vía co seu vehículo na estrada LU-231, que une os concellos de Palas de Rei e Friol. O suceso produciuse no punto quilométrico 17, á altura do municipio palense.

Un particular avisou ao CAE 112 Galicia, que mobilizou de inmediato á Garda Civil, os bombeiros de Chantada, a efectivos do GES de Monterroso e unha ambulancia do 061.

Comentarios