Miércoles. 21.11.2018 |
El tiempo
Miércoles. 21.11.2018
El tiempo

Monterroso marca un bo baile

Intercambio de danzas en la rúa Benigno Vázquez. ANA SOMOZA
Intercambio de danzas en la rúa Benigno Vázquez. ANA SOMOZA

O Festival Internacional de Danza celebrouse este martes con agrupacións chegadas de México, Galicia e Paraguai

Xa van trinta e dous anos nos que a asociación Falcatrueiros trae a Monterroso o mellor baile tradicional procedente de lugares tan dispares como Cuba, Rusia ou Italia para o Festival Internacional de Danza que celebran cada ano. E este non ía ser menos. Os invitados foron unha agrupación de México e outra de Paraguai, ademais do local, que participa cada ano.

O Ballet de Danza Folclórica mexicano chegou a Galicia despois dunha pequena xira por España presentando bailes de todo o seu país, cun repertorio de norte a sur. Bailes prehispánicos desde Chiapas, a bamba de Veracruz, o xarope tapatío de Jalisco ou as polcas desde o norte foron algunhas das danzas máis representativas que achegaron a Monterroso.

Katia Coronel, do grupo de baile tradicional chegado de Paraguai, comentaba que con este festival pretendían levar "un pouquiño de aquí e que queden cun anaquiño do que trouxemos". Dentro do enorme abanico de bailes paraguaios, exhibiron as galopeiras, a danza das botellas, a danza de parellas e a polca paraguaia, entre outros.

TALLER. Este ano, Falcatrueiros presentou por terceira vez unha masterclass na Rúa Benigno Vázquez, na que as tres agrupacións de baile participantes realizaron unha pequena mostra do seu bo facer e, a continuación, intercambiaron as coreografías, ensinando cada un un pouco das súas a todo aquel que quixese quedar.

Monterroso marca un bo baile
Comentarios