Un monterrosino ve perigar o seu bar ao impedirlle a Deputación pór terraza

O empresario ve perigar a viabilidade do seu negocio
Una terraza de un bar. EP
photo_camera A terraza dun bar. EP

Un veciño de Monterroso, propietario dun bar na Avenida do Marco, ve perigar a viabilidade do seu negocio ao non permitirlle a Deputación manter instalada a terraza exterior do establecemento.

Segundo explica o afectado, en 2019 fíxose coa xerencia do bar, que xa tiña terraza, pero ao ir ao ano seguinte a renovar a licenza municipal, desde o Concello dixéronlle que esta debía outorgarlla a Deputación, entidade titular da vía.

Logo de asesorarse cun avogado e obter un informe da arquitecta municipal, que considera que a terraza é segura e suxeita a legalidade, o empresario decidiu recorrer. A pesar diso, os técnicos da Deputación volvéronse a acudir este mércores no local e informáronlle de que, aínda que estea recorrida, debe cumprir a orde e desmontar todo antes do día 27.

Mentres que desde a entidade provincial explican que esta resolución se debe a motivos "estritamente técnicos e para garantir a seguridade da vía", o afectado considera inxusta a decisión e ve perigar a viabilidade dun negocio do que viven catro persoas a tempo completo e unha a tempo parcial.

Tamén se queixa de que a súa situación saia á luz, "por intentar facer as cousas ben", cando hai outras terrazas sen licenza que seguen traballando sen problema.

Comentarios