Tres menores, unha de Chantada, foxen dun centro de acollida de Monterroso

Os servizos sociais e a Garda Civil investigan o paradoiro das mozas

Tres menores de idade, unha delas veciña de Chantada de 15 anos e as outras dúas, de 16, naturais de Ourense, fuxiron na tarde do luns dun centro de acollida da Xunta de Galicia que tutela en Monterroso a congregación Obreras de Jesús, que dispón doutras instalacións similares na Ferreirúa (A Pobra do Brollón).

Da fuga do centro destes menores deuse conta tanto aos servizos sociais da Administración galega como á Garda Civil, que investigan o paradoiro das mozas. Segundo parece, é o terceiro episodio similar que protagonizaron en poucos meses.