Detidos dous veciños de Melide tras ser sorprendidos con droga

Os homes ían unha vez por semana ao poboado chabolista da cidade departamental para adquirir as sustancias

Dous veciños de Melide, de 39 e 43 anos de idade, foron postos a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Ferrol, en funcións de garda, tras ser detidos por axentes da Policía Nacional portando diferentes cantidades de sustancias estupefacientes.

O operativo policial púxose en marcha ao ter constancia de que ambos os homes adoitaban desprazarse unha vez á semana ata Ferrol para comprar a droga, para o que habilitara un espazo no vehículo, que utilizaban para tratar de esconder as sustancias estupefacientes, xa que no momento da detención portaban máis de cincocentas doses de heroína de gran pureza e pequenas cantidades de cocaína.

A aprensión produciuse nas inmediacións dun asentamento chabolista de Ferrol, onde os agora detidos acudirían para adquirir heroína e cocaína co fin de transportala ata a súa localidade de orixe para traficar polo miúdo.

Un dos detidos xa contaba con antecedentes por protagonizar accións similares no pasado.

Comentarios