Melide recibe unha doazón de catro parcelas para beneficio dos maiores

Liduvina López e Manuel José Fernández legaron ao Concello os terreos situados en Furelos
Firma de la donación entre los albaceas y el alcalde de Melide, José Manuel Pérez. EP
photo_camera Firma de la donación entre los albaceas y el alcalde de Melide, José Manuel Pérez. EP

O Concello Melide acaba de recibir mediante doazón catro parcelas situadas na parroquia de Furelos que se destinarán a obras e servizos en beneficio das persoas maiores do municipio. Así o deixaron estipulado hai dúas décadas nos seus respectivos testamentos Liduvina López Mosquera e Manuel José Fernández Taboada, aínda que os trámites demoráronse ata a actualidade, cando os dous albaceas designados asinaron a doazón.

O párroco de Melide e o director do centro de Servizos de Melide foron designados polos propietarios orixinais como os encargados de cumprir a súa última vontade, un labor que recaeu en José Manuel Melle Parajuá e Miguel Pampín Rúa, respectivamente. Con esta operación, o alcalde melidao, José Manuel Pérez, móstrase satisfeito e asegura que "fomos a única administración que foi en serio con ela".

Nunha das leiras existe unha vivenda e un molindo de importantes dimensións

E é que, "por diversas causas", os trámites quedaran nas pavías logo da morte dos propietarios. Primeiro faleceu Liduvina, á que lle deixaron os mencionados terreos e quen estipulou que estes deberían ser legados ao Concello de Melide para beneficio dos maiores, e o seu marido, que faleceu pouco despois que ela, reproduciu esa mesma cláusula.

Características

As catro parcelas suman unha superficie total que rolda os 8.000 metros cadrados e desde fai 20 anos permanecen abandonadas. Nunha delas emprázase unha vivenda, que sufriu roubos no seu momento, e un muíño "grande cuxas pedras de moer están en bastante bo estado", tal e como confirmou José Manuel Pérez. Ademais, contaba con concesión de augas, polo que o seu valor é moito maior. As demais leiras atópanse próximas ao río.

O alcalde, José Manuel Pérez, detalla que unha vez asinada a doazón os seguintes pasos son limpar os terreos e avaliar o seu estado

Unha vez aceptada a doazón, o rexedor explica que os seguintes pasos centraranse en acondicionar os terreos e quitarlles a maleza que avanzou ás súas anchas ao longo destes anos e avaliar con persoal municipal o estado dos solares e, en concreto, da vivenda e o muíño para "saber ou que se pode salvar" e barallar o seu posible aproveitamento.

Comentarios