Melide organiza varios actos para loitar contra a violencia de xénero

'Latexando pola igualdade' abarca actividades desde a iluminación da fachada do Concello ata a proxección dunha curtametraxe

Presentación de las actividades del 25-N en Melide. EP
photo_camera Presentación das actividades. EP

O Concello de Melide organizará varios actos para concienciar contra a violencia de xénero con motivo do 25-N. Baixo a lema Latexando pola igualdade, as actividades abarcarán desde a iluminación da fachada da casa consistorial ata a proxección dunha curtametraxe.

A primeira acción foi precisamente a iluminación da fachada do Concello de cor morada, que permanecerá así ata o vindeiro martes. O domingo haberá talleres pola igualdade na Praza do Convento entre as 11.30 e as 14.30 horas. 

O 1 de decembro o Concello convoca a todas as mulleres do municipio a participar nunha xornada que se celebrará no Hotel Balneario Río Pambre. 

A proxección da curtametraxe Miña no edificio multiusos o vindeiro martes 11 de decembro completará a axenda de actos. 

A biblioteca pública melidá porá a disposición dos veciños guías de lectura a favor da igualdade, e o Concello colocará vinilos no chan dos edificios públicos onde se mostrarán libros e autores que escriben a favor da equidade de xénero.  

Comentarios