Melide celebrará outro Nadal Máxico para despedir o 2021 con música e cultura

El centro sociocultural acogerá un programa que se extenderá hasta el 9 de enero
La concejala melidense Mayka Basalo. EP
photo_camera A concelleira melidá Mayka Basalo. EP

O Concello de Melide pon en marcha outra edición do Nadal Máxico para despedir o ano cun programa de actividades culturais. Todas elas terán lugar no centro sociocultural, excepto o belén artesán, que se poderá ver ata o 9 de xaneiro na casa consistorial; a Festa de Nadal, que será o 26 de decembro no Pazo de Congresos, e a Festa de Ano Novo, o día 2.


Isabel Risco actuará mañá coa súa peza de teatro ‘Bravas', ás 20.00 horas e para todos os públicos, e o domingo ás 18.00 será a quenda dos monicreques con   ‘O apalpador e a nena sen medo'. O festival de panxoliñas celebrarase o 18 ás 20.30, e ao día seguinte tamén haberá teatro media hora antes para toda a familia coa peza ‘Crónica dunha heterosexual insatisfeita'.

 
O Coro Encaixe actuará o 26 de decembro ás 20.00, e o 27 ás 18.00 volverán os monicreques coa ‘toupiña que quería saber...'. O 28, as escolas de baile, teatro e ballet farán unha demostración ás 17.00 horas. Dani Polo actuará o día 2 ás 20.00 horas.


O día 5 de xaneiro celebrarase a clásica cabalgata de reis, ás 18.00 horas, e o 9 outro espectáculo de monicreques ás 18.00. O día 9 terminarán as propostas cun espectáculo de maxia ás 19.00 horas. No cantón e San Roque celebrarase os días 29, 30, 2, 3, 4 e 9 a actividade ‘A casiña máxica dúas contos'.

263321295_4544352135672662_452877097946200239_n