María Luisa García e Antonio Ferro, elixidos Miss e Míster Terceira Idade

Máis dun milleiro de persoas de toda Galicia déronse cita neste certame celebrado en Melide, que este ano festexou as súas vodas de prata e contou coa actuación estelar de Lucía Pérez

La alcaldesa de Melide (centro), con los premiados en el concurso de Miss y Míster Tercera Edad, este domingo. EP (Dalia García)
photo_camera A alcaldesa de Melide (centro), cos premiados no concurso de Miss e Míster Terceira Idade, este domingo. EP

A coruñesa María Luisa García (80 anos) e o estradense Antonio Ferro (81) foron nomeados este domingo os novos Miss e Míster Terceira Idade de Galicia nunha multitudinaria gala celebrada en Melide. O evento, que cumpriu as súas vodas de prata, volveu abarrotar a vila con máis dun milleiro de persoas procedentes de toda Galicia que gozaron dun completo programa.

O certame arrincou pola tarde e aínda que estaba previsto que leva a cabo no Cantón de San Roque, houbo que trasladalo á casa da cultura polas condicións meteorolóxicas. Medio centenar de maiores de 60 anos participaron neste concurso que contou coa actuación estelar da cantante Lucía Pérez, que tamén presentou o acto acompañada pola locutora da radio local, Isabel Ramos.

Así, entre as mulleres, ademais de coruñesa escollida Miss Galicia, foron galardoadas Elvira Otero, de Ribadumia, como Miss Marchosa; Manuela Muíño (A Coruña) como Miss Simpatía; a melidense Ana Alcalde, como Miss Verán; Felisa Silva (A Estrada), como Miss Fotoxenia; Marisa Máquez (A Coruña), como Miss Elegancia; María Reboredo (Lalín), como Miss Beleza. Tamén se escolleu á nova Miss Melide 2018, título que recaeu sobre a octoxenaria Concepción Quintás.

Entre os homes, ademais do estradense nomeado Míster Galicia, foron elixidos Benigno Asorey (A Estrada), Míster Elegante; José Varela, de Castrillón, como Míster Guapo; o estradense Alfonso Pérez, como Míster Simpático e o melidense Rodrigo Gerardo, como Míster Marchoso.

Medio centenar de maiores participou na gala, que se trasladou á casa da cultura polas condicións meterolóxicas

ACTIVIDADES. As actividades arrincaron xa pola mañá, ás 11.00 horas, cuns pasarúas a cargo dunha tuna coruñesa. Os asistentes á cita gozaron tamén dunha animada sesión vermú na que puideron degustar de forma totalmente gratuíta doces da repostería tradicional do concello.

A continuación, celebrouse unha exhibición de baile cos campións galegos de bachata Xurxo e Reyes. A parella exerceu tamén como xurado no XXV campionato galego de pasodobres. A parella vencedora foi a formada por Mariña Abal, de Ribadumia, e José Antonio Méndez, de Curtis. En segunda posición quedaron as melidenses Manoli Vizcaíno e Anuncia Vales, mentres o terceiro lugar foi para Ana López e Valeriano Igrexas, de Cedeira.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, destacou a gran afluencia de público e de participantes chegados de todos os puntos da comunidade que encheron por completo a vila. "É un evento que atrae cada ano a centos de maiores de toda Galicia que locen coas súas mellores galas enriba do escenario. É un orgullo para nós cumprir as vodas de prata dun certame tan fermoso e cunha participación tan alta", remarcou a rexedora, quen recordou que o concurso Miss e Míster Terceira Idade de Galicia converteuse xa nunha cita consolidada no calendario do municipio.

Comentarios