Viernes. 16.11.2018 |
El tiempo
Viernes. 16.11.2018
El tiempo

Máis de 160 avisos provocaron a actuación do GES de Monterroso

Un membro do GES de Monterroso, sufocando un incendio. AEP
Un membro do GES de Monterroso, sufocando un incendio. AEP

No primeiro semestre, as intervencións máis comúns foron as relacionadas con accidentes e outras incidencias varias

Os membros do grupo de urxencias supramunicipal (GES) de Monterroso atenderon máis de 160 incidencias durante o primeiro semestre do ano. Máis do 70% das actuacións —118, exactamente— estiveron vinculadas a cuestións de tráfico.

Tal como indicaron efectivos da agrupación, a cifra exacta de avisos recibidos entre xaneiro e xuño que implicaron a súa intervención foi de 165. Os meses nos que máis saídas se contabilizaron desde a base monterrosina foron xaneiro e marzo, cun total de 37 e 36 actuacións, respectivamente. Pola contra, maio e xuño foron os de menor volume de traballo.

As tarefas de dirección e sinalización do tráfico en accidentes foron as máis recorrentes. De feito, suscitaron a intervención deste servizo de urxencias en 36 ocasións. Destacan tamén as urxencias atendidas en relación á presenza de animais soltos nas vías —25— e as ocasionadas por zonas alagadas —14—. A retirada de árbores en estradas ou camiños mobilizaron aos efectivos do GES en nove situacións.

Doutra banda, levaron a cabo 13 intervencións de extinción de incendios, dez deles de carácter urbano ou ben con vivendas implicadas.

Ademais, os avisos referidos a enxames perigosos provocaron a actuación do GES en doce ocasións ata o mes de xuño.

OUTRAS SAÍDAS. Así mesmo, os veciños da comarca da Ulloa beneficiáronse ata tres veces do servizo do GES nas operacións de busca de persoas desaparecidas.

En cambio, tan só rexistrouse unha intervención relacionada con traslados sanitarios, do mesmo xeito que con temas de rescate, salvamento ou risco de derrube.

Máis de 160 avisos provocaron a actuación do GES de Monterroso
Comentarios