Unha madrileña segue facendo o Camiño con 17 persoas a pesar de dar positivo

Con febre e malestar, á espera da PCR, seguiu ruta ata Arzúa a pesar de que tiña que permanecer illada
Una mujer haciendo el Camino AEP
photo_camera Unha muller facendo o Camiño. AEP

O pasado luns unha peregrina madrileña de 53 anos que facía o Camiño con strong <>un grupo de 17 persoas presentouse no PAC de Palas manifestando que tiña febre e malestar desde facía dous días. Desde aí, a muller foi trasladada ao Hula para facerse unha PCR, para a que se lle tomou a mostra ao mediodía. Aínda que debía permanecer illada, cando se lle comunicou o resultado positivo, algo que se fixo pola noite, a muller atopábase xa en Arzúa, onde se cre que ten unha casa familiar na que agora debe acabar a corentena.

Alí faráselle tamén o estudo de contactos, polo que é moi probable que o grupo co que seguía a ruta xacobea teña que confinarse.
 

Comentarios