Miércoles. 19.09.2018 |
El tiempo
Miércoles. 19.09.2018
El tiempo

Investigados por conducir co carné retirado en Antas de Ulla e Vilalba

Foron interceptados en Monterroso e Vilalba

A Garda Civil de Lugo imputou nas últimas horas en calidade de investigados por un suposto delito contra a seguridade colectiva a dúas persoas, un home e unha muller, que ían ao volante dos seus respectivos vehículos a pesar de que tiñan retirado o permiso de conducir, nun caso por sentenza xudicial firme e no outro pola perda de todos os puntos.

Segundo informou o propio instituto armado, un dos investigados é un veciño de Antas de Ulla de 51 anos de idade, que foi interceptado no termo municipal de Monterroso, na estrada autonómica LU-221, a pesar de que tiña o permiso de conducir retirado por sentenza do Xulgado do Penal número 2 de Lugo ata outubro de 2019.

A Garda Civil tamén imputou unha veciña de Ferrol, de 25 anos de idade, logo de interceptala na autovía A-64, no municipio de Vilalba, ao volante dun coche, a pesar de que xa esgotara todos os puntos do seu permiso de conducir.

Ambos foron postos a disposición da autoridade xudicial.

Investigados por conducir co carné retirado en Antas de Ulla e Vilalba