Investigado un veciño de Lugo por roubos no municipio de Toques

Subtraeu as lamias dun vehículo e levou varios obxectos dunha vivenda

Un coche de la Guardia Civil. ARCHIVO
photo_camera Un coche de la Guardia Civil. ARCHIVO

A Garda Civil do Posto de Melide investigou un veciño de Lugo como presunto autor de dous delitos de roubo con forza no municipio coruñés de Toques. Segundo informou o instituto armado, os feitos ocorreron os días 17 e 19 de maio no lugar de Mangueiro, na localidade de Toques, onde o investigado subtraeu as lamias dun vehículo o primeiro día e accedeu a unha vivenda, de onde levou varios obxectos o segundo. 

Efectivos do Posto de Melide investigaron os feitos, pescudas que concluíron coa identificación e investigación do presunto autor dos roubos.  As actuacións realizadas foron postas a disposición do Xulgado de Instrución Número 1 de Arzúa. 

Comentarios