Interveñen por un lume orixinado nun cadro eléctrico en Monterroso

O incendio tivo lugar nunha vivenda de San Lorenzo
Incendio en San Lorenzo, en Monterroso. EP
photo_camera Incendio en San Lorenzo, en Monterroso. EP

O Ges de Monterroso e a Garda Civil do posto de Portomarín tiveron que intervir a última hora do domingo para controlar un incendio nunha vivenda de San Lorenzo, no municipio monterrosino.

O lume arrincou nun cadro eléctrico e pasou a unha zona de leña almacenada, sen provocar danos na estrutura do inmoble. O aviso desue ás 21.45 horas.