Internos de Monterroso aprenden a coser e confeccionan 1.200 máscaras

A ausencia de visitas fixo que a produción sexa máis intensiva
Prisión de Monterroso. AEP
photo_camera Prisión de Monterroso. AEP

Os nove internos da unidade terapéutica da prisión de Monterroso aprenderon a coser para confeccionar máscaras e xa levan 1.200 ata a data.

A iniciativa xurdiu despois de que dúas deles preguntasen como podían colaborar na contención da pandemia, indicaron funcionarios do centro e pronto se lles sumaron os demais.

Os residentes tomaron unhas leccións dunha das traballadoras sabía costura e os xefes de estamentos máis elevados tamén se implicaron para facer chegar teas, gomas e filtros ao módulo.

Ademais, ao non haber comunicacións polo estado de alarma, a produción disparouse, ao dedicar os internos a maior parte do seu tempo á manofactura destes complementos de seguridade.

Comentarios