Sufocan un incendio nunha carpintaría de Antas de Ulla

As chamas orixináronse nunha furgoneta estacionada no local

Furgoneta en donde se inició el fuego. A.R.
photo_camera Furgoneta onde se iniciou o lume. A.R.

Os servizos de urxencia tiveron que desprazarse este venres ata unha carpintaría localizada en Antas de Ulla tras declararse un incendio nas súas proximidades. 

O lume declarouse ao redor das 7:00 da mañá nunha furgoneta que estaba estacionada no local, situado no centro urbano de Antas de Ulla.

As chamas, ademas da o vehículo, afectaron a un silo onde se almacena serrín, aínda que non chegaron a causar danos no interior do taller. Tampouco houbo que lamentar danos persoais.

Furgoneta onde se iniciou o lume. A.R.2

O lume xa está controlado, aínda que no lugar, na rúa Miguel Ángel Branco de Antas, mantense un retén do GES de Monterroso, co fin de arrefriar o serrín, un material difícil de extinguir polo poder calórico que xera.

A central de Urxencias do 112 Galicia, recibiu a chamada dun particular sobre as sete da mañá. Ao lugar mobilizaron bombeiros do parque de Chantada, unha patrulla da Garda Civil e unha brigada do Ges de Monterroso.