Evacuado en helicóptero tras ser atropelado por un vehículo en Melide

O accidente rexistrouse na N-547
Los equipos de emergencias, en el lugar del accidente. EP
photo_camera Los equipos de emergencias, en el lugar del accidente. EP

Un home foi evacuado en helicóptero durante a mañá deste martes tras ser atropelado por un vehículo na N-547, ao paso Melide

Cara ás 12.00 horas, o ferido foi localizado nunha cuneta por un viandante, que chamou enseguida ao 112.

Cos datos facilitados, o persoal do 112 Galicia puxo en marcha os protocolos necesarios para a atención da persoa afectada, como son os recursos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviaron un equipo a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago, e os axentes da Policía Local. Precisamente, os membros de seguridade trataron de aclarar o ocorrido e confirmaron que o home foi atropelado por un vehículo cuxo condutor estaba presente e localizado. 

Ademais, avisouse á Garda Civil e aos equipos de limpeza e mantemento do Ministerio de Fomento co fin de restablecer as condicións de seguridade na vía.

Tras recibir os primeiros coidados no lugar do accidente, o enfermo foi evacuado no helicóptero ao Hospital Clínico de Santiago.