Granja Campomayor crea produtos saudables con clara de ovo hidrolizada

Substitúen ao leite en iogures, salsas e untables. Varios centros científicos colaboran en Foodshyegg
Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera Iogures a base de clara de ovo hidrolizada

A empresa palense Granja Campomayor, centrada na produción de ovos, desenvolve o proxecto de I+D Foodshyegg co fin de sacar ao mercado proximamente un novo ingrediente feito a partir da proteína de clara de ovo hidrolizada. Esta técnica consegue crear un produto similar ao leite, pero sen graxas saturadas, sen lactosa e sen gluten.

Este innovador alimento pode utilizarse como substituto lácteo en produtos como os iogures, salsas como bechamel, untables e xeados. Así se ofrecerán ao consumidor novas opcións de alimentación saudables, con baixo contido en calorías e azucres e gran achega proteica. Granja Campomayor pretende integrar o produto de forma habitual e rutineira na alimentación.

Foodsyegg dispón dun orzamento global de 548.427 euros e está cofinanciado polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI) con fondos Feder da Unión Europea.

A empresa palense desenvolve esta iniciativa en colaboración con entidades científicas como o Instituto de Investigación en Ciencias de Alimentación, a aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da Universidade de Santiago de Compostela e o centro tecnolóxico Ainia.

Unha receita a baixa temperatura abriu o camiño
Coa incerteza da resposta dos mercados internacionais tras a crise do coronavirus, Granxa Campomayor reforza a súa aposta polo seu modelo de negocio baseado na innovación.
Antes de Foodshyegg, a empresa de Pas xa sorprendeu ao mercado coa estandarización do ovo a baixa temperatura en 2017, unha técnica da alta cociña que consiste en someter ao produto a un tratamento térmico dentro da súa propia casca durante un tempo determinado, de forma que queda en estado semisólido.
 
 

Comentarios