O GDR do Ulla xestionará un novo programa Leader para o período 2023-27

Para a elección deste GDR tívose en conta a alta participación de asociacións e a coherencia do territorio
Plaza del Convento, situada en el corazón histórico de Melide. TURISMO MELIDE
photo_camera Plaza del Convento, situada en el corazón histórico de Melide. TURISMO MELIDE

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), organismo da Consellería de Medio Rural que coordina o programa Leader en Galicia, deu luz verde á proposta do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ulla-Tambre-Mandeo para ser entidade colaboradora deste plan entre 2023 e 2027. Este GDR, que presentou a súa candidatura en agosto, encargarase de xestionar as axudas Leader na área formada polos concellos de Melide, Arzúa, Boimorto, O Pino, Santiso, Sobrado, Toques, Touro e Vilasantar.

Para a elección deste GDR tívose en conta a alta participación de asociacións e a coherencia do territorio elixido, con características e necesidades comúns, entre as que destacan a biodiversidade, así como a importancia do turismo e a existencia dunha industria agroalimentaria forte, co queixo de Arzúa-A Ulloa como protagonista.

O GDR desenvolverá ata marzo unha estratexia de desenvolvemento local participativo con axentes do territorio, como o sector público e os colectivos de mulleres, xuvenís e empresariais. Tamén contactará coa comunidade científica, as comunidades de montes e as cooperativas.

Comentarios