O lume destrúe unha vivenda unifamiliar en Antas de Ulla

O incendio orixinouse debido á mala combustión dunha cheminea
Un bombero intentando apagar el fuego. EP
photo_camera Efectivos intentando apagar el fuego. EP

Un incendio destruíu este domingo unha vivenda unifamiliar en Santiso, no municipio lucense de Antas de Ulla.

A súa única moradora resultou ilesa.

A hipótese que se baralla como causa do lume é a mala combustión dunha cheminea.

Nos labores de extinción participaron bombeiros do parque comarcal de Chantada.

Tamén interviñeron efectivos dos GES de Monterroso e da Garda Civil.

Comentarios