Ferido un septuaxenario nun atropelo nunha céntrica rúa de Melide

O home, veciño da localidade, foi atropelado por un turismo cando se dispuña a cruzar nunha zona sen sinalización peonil 

Una ambulancia del 061. ARCHIVO
photo_camera Ambulancia do 061. TOÑO PARGA (ARQUIVO)

Un veciño de Melide de 74 anos resultou ferido este luns logo de ser atropelado por un turismo nunha céntrica rúa da localidade. O suceso produciuse pasadas as 11.30 horas á altura do número 15 de cálea Alexandre Bóveda.

Ao parecer, o home dispúñase a cruzar o viario nunha zona sen sinalización peonil cando foi atropelado por un vehículo, que non foi capaz de esquivalo. Segundo testemuñas presenciais, o septuaxenario recibiu un forte golpe na cabeza, aínda que non perdeu o coñecemento en ningún momento.

O CIAE 112 Galicia mobilizou de inmediato á Policía Local e Protección Civil de Melide, á Garda Civil e unha ambulancia medicalizada do 061 que trasladou de inmediato á vítima ao centro de saúde da localidade. Tras facerlle a revisión pertinente estaba previsto trasladar ao home ao  Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela (Chus).

Comentarios