Ferido en Melide tras chocar un turismo cun tractor

O accidente tivo lugar en Formigueiro

Unha persoa resultou ferida este mércores en Melide tras chocar o seu turismo cun tractor, de forma que o coche quedou encaixado debaixo do vehículo agrícola, informou o 112 Galicia.

O accidente tivo lugar en  Formigueiro e, a pesar da situación na que quedaron os vehículos, o condutor do turismo puido saír polos seus propios medios aínda que necesitou asistencia médica.

A alerta do accidente recibiuse no servizo de Urxencias sobre as 12.30 horas e, enseguida activouse o operativo para o que se contou coa colaboración dos equipos sanitarios de urxencia, os Bombeiros de Arzúa, Policía Local e Protección Civil. 

Comentarios