Sábado. 17.11.2018 |
El tiempo
Sábado. 17.11.2018
El tiempo

Ferido un ciclista tras ser alcanzado por un coche en Monterroso

Ambulancia do 061. TOÑO PARGA (ARQUIVO)
Ambulancia do 061. TOÑO PARGA (ARQUIVO)

Foi trasladado en ambulancia ao Hula

Un veciño de Taboada, de 53 anos e iniciais F.G.C., tivo que ser evacuado este domingo ao hospital lucense, con feridas graves, tras ser alcanzado por un coche en Monterroso. O contratempo produciuse uns minutos antes da unha do mediodía á altura do quilómetro 3 da LU-P-3301, coñecida como a estrada do Marco, nas proximidades de Cumbraos.

Tras recibir o aviso do accidente, a central galega de urxencias do 112 mobilizou a axentes do subsector de Tráfico de Lugo, a efectivos do GES de Monterroso e a persoal sanitario de Urxencias Médicas. O ciclista estaba consciente, pero se queixaba de fortes dores nas costas.

Ferido un ciclista tras ser alcanzado por un coche en Monterroso
Comentarios