Ferido un ciclista ao caerse da bicicleta en Monterroso

É un veciño do municipio que foi trasladado a un hospital
Una bicicleta tirada en la carretera. CEDIDA
photo_camera A bicicleta do ferido en Monterroso. CEDIDA

Un home resultou ferido este sábado ao caerse da súa bicicleta á altura do punto kilómetrico 0,900 da estrada N-640, en Monterroso. O ciclista, veciño deste mesmo termo municipal, perdeu o control do seu vehículo para acabar caéndose na calzada, o que lle provocou distintas contusións e erosións en diferentes partes do seu corpo.

Un particular alertou ás 20.20 horas á central de urxencias do 112 Galicia, desde onde se mobilizou aos servizos sanitarios do 061, unha patrulla do Subsector de Tráfico da Garda Civil e unha brigada do GES de Monterroso.

A ambulancia desprazada ata o lugar foi a encargada de trasladar ao ferideou, que permaneceu consciente en todo momento, a un centro hospitalario da capital lucense para ser examinado das súas lesións.