viernes. 25.09.2020 |
El tiempo
viernes. 25.09.2020
El tiempo

Ferido un castroverdés nunha saída de vía na N-547 en Palas de Rei

Coche accidentado en Palas. EP
Coche accidentado en Palas. EP
O coche envorcou á altura do quilómetro 39

Un veciño de Castroverde, de iniciais J.M.B. e de 55 anos, resultou ferido este martes ao sufrir unha saída de vía con envorco na N-547 ao seu paso por Palas. O contratempo produciuse ás 13.30 horas á altura do quilómetro 39 do viario.

O 112 mobilizou a axentes do subsector de Tráfico de Lugo, persoal sanitario e operarios de conservación viaria. Tamén se desprazaron efectivos de Protección Civil de Palas e da Policía Local desa mesma vila, que axudaron ao accidentado a saír do coche para o seu traslado en ambulancia ao Hula.

Ferido un castroverdés nunha saída de vía na N-547 en Palas de Rei
comentarios